Estás en: Ineo -> ¿Que é INEO?

¿Que é INEO?

INEO, ASOCIACIÓN MULTISECTORIAL DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN DE GALICIA

A palabra INEO, cuxa etimología é latina, significa: emprender un camiño, poñerse a, facer alianza, formar un proxecto, é a asociación empresarial máis importante do sector TIC en Galicia, está formada por 73 empresas das catro provincias galegas adicadas a Hardware, Software, Redes e Telecomunicacions, Internet e Contidos, Formación TIC e Consultoría TIC.

Os seus obxectivos son promover e desenvolver o tecido asociativo coma elemento clave para competir nunha economía global, dotar ó sistema produtivo das TIC de infraestrutura e recursos propios, fomentar entre as empresas e o entorno a innovación baseada no uso das tecnoloxías, desenvolver obxectivos de cooperación que potencien as capacidades das empresas, favorecer a expansión e implantación de produtos e servizos baseados nas TIC.

O interese por este sistema produtivo está xustificado pola importancia estratéxica que adquiriu dentro da contorna xeral e rexional. O rápido desenvolvemento de negocio, a constante aparición de novos produtos ou o valor engadido de que gozan a maioría das empresas que desenvolven estas actividades, son algunhas das características que fan que sexa un sector presente en moitos dos plans promovidos pola Administración, que no seu obxectivo de convergencia cos países máis desenvolvidos da Unión Europea, tenden a favorecer o desenvolvemento de sectores intensivos en man de obra altamente cualificada.

Neste caso tamén hai que ter en conta a influencia no resto dos sectores tradicionais, aos que a imparable transformación da sociedade de servizos existente anteriormente cara ao que xa chamamos a nova sociedade da información, obriga á implantación progresiva destas novas tecnoloxías nos seus produtos, servizos e procesos.

No caso particular de Galicia hai un aspecto máis de relevancia que é o feito de que a situación periférica da rexión non é neste caso unha barreira de entrada nin un custo adicional para os negocios, que gozando de certas marxes ao seu favor nos custos de man de obra, poden acceder aos mercados e clientes prácticamente nas mesmas condiciones que as empresas situadas en rexións con máis proximidade aos grandes mercados.

A estratexia de INEO é actuar sobre o sector produtivo relacionado coas TIC, fomentando o desenvolvemento de negocio en Galicia a través de tres eixes de actuación:

  • 1. Incremento da competitividad das empresas.
  • 2. Fomento da demanda de produtos e servizos.
  • 3. Creación de tecido asociativo a nivel rexional.


A creación de vantaxes competitivas sostenibles nas empresas é a base para o desenvolvemento estable de calquera sistema produtivo hoxe en día.

INEO EN GRÁFICAS

  • 1. SOCIOS DE INEO POR FACTURACIÓN

  • SOCIOS DE INEO POR FACTURACIÓN
  • 2. SOCIOS DE INEO POR PERSONAL

  • SOCIOS DE INEO POR PERSONAL


INEO CRECENDO

Ineo é entidade asociada a:

  • CONETIC
    Confederación Española de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicaciones y Electrónica
  • AETIC
    Asociación Empresas de Tecnologías de la Información y Comunicaciones de España
  • GRADIANT
    Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia
Ineo preocúpase polo mediambiente:

Certificado UNE-EN-ISO 9001:2000
  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
  • Consorcio Zona Franca de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Fundación CaixaGalicia
  • Caixanova
  • SabadellAtlántico
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo