Estás en: Ineo -> Noticias
O vista en galego xerará oportunidades de negocio ás empresas de aquí
Coa presentación do Windows Vista en galego, INEO, en calidade de coorganizadora do acto, fixo unha clara aposta pola creación dunha ferramenta que atende ás necesidades de comunicación específicas das empresas galegas. No evento de presentación, o propio presidente da Xunta, Emilio Perez Touriño, quixo destacar o esforzo desta asociación, en colaboración con outras empresas do sector informático, a prol do intercambio de fluxos de información de forma transversal independentemente da tecnoloxía que os soporta.
O acto contou tamén coa presencia da Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, e da presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa Maria Garcia. Esta última anunciou que ata o próximo día 17 de maio os usuarios de Windows Vista e Office 2007 poderán descargar na súa web as versións en galego destes programas totalmente gratis (www.microsoft.es/gal).
Máis aló do compromiso coa pluralidade lingüística, as novas ferramentas en galego permiten ás empresas TIC de Galicia o acceso a diferentes oportunidades de negocio. O obxectivo último de INEO como entidade colaboradora non é outro que o de aumentar a productividade a través do uso das Novas Tecnoloxías da Infromación e da Comunicación.
A campaña “Faille un clic ó galego” persegue a extensión das novas ferramentas non só no sector empresarial senón tamén entre o maior número posible de cidadáns. Asi, os usuarios que están menos familiarizados coas novas tecnoloxías dispoñen dunha interface no seu propio idioma.
Volver







