Estás en: Ineo -> Noticias

NOTICIAS

Gran estabilidade laboral no sector TIC.
Oito de cada dez empregados no sector TIC ten un contrato de caracter fixo. Este é un dos datos que se poden atopar no "Estudo sobre salarios e política laboral nel sector da Electrónica, as Tecnoloxías da Información e as Telecomunicaciones" presentado estes días por AETIC. En concreto, atópase que o 83,5 por cento son empregos estables e só o 16,5 son temporais.

Destaca o alto número de traballadores con formación superior, (57,5% dos empregados do sector son titulados). Por carreiras, dominan os informáticos (28,9%) e os Enxeñeiros de Telecomunicación, (21,5%), seguidos polos licenciados en Económicas e Empresariais (10,3%).

Por outra banda, o 64,2% dos empregados do sector son homes, fronte a un 35,8% de mulleres. A idade media dos traballadores deste sector é de 35,2 anos. En canto ao tipo de xornada, destaca a fixa-partida (55,6%), seguida da flexible (27%) e a fixa-continua (17,5%). Estímase que o 60,3% das empresas participantes no estudo previu incrementar os seu persoal ao longo de 2008, mentres que o 36,5% das compañías prevé manter en 2008 o seu volume de empregados e só o 3,2% pensa reducir os seus efectivos.

O estudo analiza 80 categorías profesionais, estructuradas ao longo de sete departamentos típicos en empresas do sector tecnolóxico (comercial, administrativo, desenvolvemento-técnico, administrativo-finanzas, explotación, mantemento, compras-loxística, e planta).

Os salarios varían en función do departamento e a categoría laboral desempeñada. Na franxa máis alta sitúanse os 97.970 euros anuais que percibe, como media, o director comercial, e os 86.459 euros do responsable do área administrativa e de finanzas.

Observatorio Galego da Sociedade da Información Volver

  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
  • Consorcio Zona Franca de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Fundación CaixaGalicia
  • Caixanova
  • SabadellAtlántico
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo