Estás en: Ineo -> Noticias

NOTICIAS

Arteixo Telecom e Level Telecom promoven o wifi nos autobuses.


O feito de acender un ordenador, apertar nun navegador calquera e acceder a Internet é unha rutina que na actualidade pódese facer prácticamente desde calquera recuncho do planeta grazas ás redes de conexión sen fíos que xa hai en moitos puntos da nosa xeografía.

Agora, grazas á aposta pola innovación de dúas empresas galegas, Arteixo Telecom e Level Telecom, navegar en Internet ou consultar o correo electrónico mentres se viaxa en autobús xa é unha realidade ao alcance dos clientes dalgunhas das compañías de transporte interurbano por estrada máis importantes de España. Grazas ao router wifi ReVisio, desenvolvido e fabricado polas devanditas empresas galegas, os pasaxeiros de tres importantes compañías de transporte que operan na nosa comunidade xa poden acceder á Rede por banda ancha sen absolutamente ningunha liña de cable fixa a unha velocidade de ata 7,2 Mbits por segundo (tres veces máis veloz que a maior parte das liñas ADSL).

As empresas de transporte interurbano que na actualidade ofrecen este servizo de conexión WiFi en Galicia son Alsa, que posibilita a conexión aos clientes dos autocares da súa Clase Supra e Arriva Noroeste, que comezou por ofrecer conexión sen fíos nolos seus autobuses da liña que une A Coruña con Ferrol e que conta cun promedio de 20.000 usuarios ao mes. Nos dous casos é Vodafone o operador de telefonía móbil proveedor da conexión. A estas dúas compañías súmase Monbús, que comezou a instalar o router de Arteixo Telecom e Level Telecom nalgún dos seus autobuses. Volver

  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
  • Consorcio Zona Franca de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Fundación CaixaGalicia
  • Caixanova
  • SabadellAtlántico
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo