Estás en: Ineo -> Noticias
Presentado o Mapa de Entidades TIC.
Recentemente, deuse a coñecer o Mapa de Entidades que traballan no ámbito das TIC, e onde se atopa situado INEO dentro del. Trátase dun documento que recompila as distintas institucións do sector como son as Universidades, as asociacións profesionais, centros tecnolóxicos, plataformas tecnolóxicas, ademais de entidades financeiras e administracións, entre outros. En resumo, o mapa reúne a todos aqueles organismos que poidan resultar de interese para a cooperación e posta en marcha de proxectos tecnolóxicos.
Tamén se acordou, por parte da comisión de Innovación, que este documento e as entidades que o compoñen contasen con máis difusión e coñecemento entre os asociados. Para iso estanse planificando distintas actividades divulgativas para dar a coñecer as actividades e intereses destes organismos, para con iso, fomentar a cooperación.
Volver







