Estás en: Ineo -> Noticias

NOTICIAS

Presentación do Windows Vista en galego.
Microsoft prepárase para lanzar a edición de Windows Vista en galego dentro da campaña "Faille un click ao galego" e para isto púxose en contacto con INEO. Tras todo o labor de organización do acto xunto á Fundación Galega da Sociedade do Coñecemento e en colaborarición coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Xunta de Galicia, INEO lles invita a participar nesta presentación no que se poderá coñecer este produto e ademais contactar con empresas da talla de Microsoft, HP ou Dell, ademais de coas administracións.

Durante estes días, poñerémosnos en contacto via e-mail e vía telefónica para darlles máis información con respecto ao evento que terá lugar o próximo 8 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. Volver

  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
  • Consorcio Zona Franca de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Fundación CaixaGalicia
  • Caixanova
  • SabadellAtlántico
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo