Ineo é unha asociación de empresas que colaboran implicándose de forma activa e sostida no desenvolvemento da súa contorna socio-económica, promovendo a implantación das tecnoloxías da información e a comunicación, a innovación baseada na xestión do coñecemento e a aprendizaxe permanente como elementos clave para competir nun contexto de mercado global
2. OBXECTIVOS
OBXECTIVOS XERAIS
1. Promover e desenvolver o tecido asociativo para competir nunha economía global.
2. Dotar ao sector produtivo TIC de recursos e infraestruturas propios.
3. Fomentar entre as empresas e a súa contorna a innovación baseada no uso de tecnoloxías.
4. Desenvolver obxectivos de cooperación empresarial que potencien a capacidade das empresas.
5. Favorecer a expansión e implantación de produtos baseados nas TIC.