Estás en: Ineo -> Entidades colaboradoras

Entidades colaboradoras

¿Que é unha ENTIDADE COLABORADORA DE INEO?

  • Unha Entidade Colaboradora de INEO é un axente interesado en promover e apoiar as actividades e estratexias de INEO para o desenvolvemento da sociedade da información en Galicia e do hipersector TIC. Con esta figura inténtase que outros axentes, ademais das pemes TIC galegas, se integren no proxecto INEO para darlle pulo e crear unha base social que garanta o cumprimento dos obxectivos establecidos.
  • As Entidades Colaboradoras contarán cun nivel de influencia decisivo no desenvolvemento do hipersector das TIC en Galicia e na configuraciónda sociedade da información e do coñecemento na nosa comunidade. Os principias ambitos de colaboración son:
    • 1. IMAXE
      As Entidades Colaboradoras poderán utilizar a imaxe de INEO e unirse a un proxecto estratéxico para as empresas galegas, coas vantaxes que comporta: o apoio dunha organización de prestixio e o recoñecemento social que proporciona colaborar co desenvolvemento da sociedade da información en Galicia.
    • 2. INFORMACIÓN
      INEO contará co seu propio servizo de información, que fornecerá datos de gran valor competitivo sobre os escenarios actuais e futuros do sector. Será tamén un espazo aberto ao debate intersectorial e ao intercambio de coñecementos para a vixilancia tecnolóxica e a cooperación. Un instrumento imprescindible para coñecer a realidade TIC en Galicia INEO promocionará a creación dunha rede social centrada en promover a innovación nos procesos de negocio das empresas.
    • 3. PARTICIPACIÓN
      As Entidades Colaboradoras poderían dispor segundo a sua tipoloxía dun representante no Consello Consultivo. Este organismo integrará profesionais, entidades financeiras e representantes institucionals do sector empresarial entre outros.
    • 4. PROXECTOS
      Hoxe en día INEO, creada con sentido práctico e orientada cara á acción, ten deseñados e orzamentados 26 proxectos para dinamizar o sector TIC durante os tres próximos anos. Estas iniciativas supoñen un gran pulo innovador para o mercado,que implica a todos os axentes xeradores de riqueza de Galicia (administracións, entidades financeiras, universidades,asociacións empresariais...). As Entidades Colaboradoras terán a oportunidade de propor e fomentar a realización de actividades e estratexias concordes cos obxectivos de INEO.
  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
  • Consorcio Zona Franca de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Fundación CaixaGalicia
  • Caixanova
  • SabadellAtlántico
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo