INEO E A ADMINISTRACIÓN
A administración pública é un mercado actual para moitas das empresas que integran Ineo e sobre todo é un importante mercado potencial, pola capacidade de xeración de proxectos e a oportunidade de que ditos proxectos poidan ser executados por empresas integradas en Ineo, mellorando a súa capacidade de participar no maior número de concursos.
Dentro desta liña de actuación preténdense poñer en marcha as seguintes accións:
- 1. Realización de visitas individuais a representantes de institucións, para presentar a asociación e as empresas que a integran.
- 2. Xeración dunha base de datos de contactos de Ineo na administración pública, fundamentalmente como usuarios do boletín periódico. Esta base de datos ha de estenderse a todos os niveis das AAPP:
- 3. Organización de 2 mesas de traballo anuais con representantes de institucións co fin de debater o uso dalgún tipo de tecnoloxía no ámbito da AAPP
- 4. Colaborar coas AAPP en facilitar datos do sector, á vez que se obtén información válida para o colectivo de empresas asociadas.
- 5. Dispoñer de información sobre concursos a nivel nacional (ej. da Administración do Estado)